Cualificación previa de estatutos sociais


PASOS PARA SOLICITAR A CUALIFICACIÓN PREVIA DE ESTATUTOS SOCIAIS:

 

Pódese solicitar, gratuíta e voluntariamente, ante o Rexistro de Cooperativas, a cualificación previa dos estatutos sociais, achegando:

  1. Solicitude de cualificación previa de estatutos sociais.
  2. Acta da asemblea constituínte da cooperativa, ou certificación da acta da asemblea xeral na que se acordou a modificación de estatutos sociais, e no caso de que o acordo só afecte á modificación do domicilio social no mesmo termo municipal, é suficiente co certificado da acta do consello reitor.
  3. Certificación negativa de denominación da cooperativa ( modelo de solicitude de denominación que se enviará por correo ao "Registro de sociedades cooperativas" do "Ministerio de Empleo y Seguridad Social"), tamén será necesario no caso de que a cualificación previa afecte á modificación do artigo dos estatutos sociais relativo á denominación da cooperativa.
  4. Exemplar dos estatutos sociais. Se desexa, pode obter un modelo orientativo con anotacións e sen anotacións dende aquí.


Descargue modelos Normativa