Disolución, liquidación e extinción


PASOS PARA SOLICITAR A INSCRICIÓN DA DISOLUCIÓN DA COOPERATIVA

 

O acordo de disolución da cooperativa é adoptado pola Asemblea Xeral. Quen exerza a Secretaría, coa conformidade da Presidencia, emitirá unha certificación na que constarán acreditados os requisitos previstos na Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e nos propios estatutos da cooperativa, indicando expresamente a causa ou causas que motivaron a disolución, e xunto coa publicación do acordo de disolución nun dos diarios de maior circulación da provincia do domicilio social da cooperativa e no Diario Oficial de Galicia, elevarán a público outorgando a correspondente escritura pública ante notario.

 

Despois solicitarase ao Rexistro de cooperativas competente a inscrición da disolución da cooperativa achegando:

  1. Solicitude de inscrición do acordo de disolución no Rexistro de Cooperativas
  2. Copia autorizada da escritura pública que incluirá a documentación indicada.                               
  3. Copia simple da escritura pública anterior.
  4. Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.

 

 

Descargue modelos Normativa


 


 

PASOS PARA SOLICITAR A INSCRICIÓN DA DISOLUCIÓN E O NOMEAMENTO DE LIQUIDADORES OU LIQUIDADORAS DA COOPERATIVA

 

O acordo de disolución da cooperativa e o nomeamento dos liquidadores ou liquidadoras é adoptado pola Asemblea Xeral. Os liquidadores ou liquidadoras facultadas emitirán unha certificación na que conste que acreditan os requisitos previstos na Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e nos propios estatutos da cooperativa, indicando expresamente a causa ou causas que motivaron a disolución, e xunto coa publicación do acordo de disolución nun dos diarios de maior circulación da provincia do domicilio social da cooperativa e no Diario Oficial de Galicia, elevarán a público outorgando a correspondente escritura pública ante notario.

 

Despois solicitarase ao Rexistro de Cooperativas competente a inscrición da disolución e o nomeamento de liquidadores ou liquidadoras da cooperativa achegando:

 

  1. Solicitude de inscrición da disolución e o nomeamento de liquidadores ou liquidadoras no Rexistro de Cooperativas
  2. Copia autorizada da escritura pública que incluirá a documentación indicada.
  3. Copia simple da escritura pública anterior.
  4. Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.

 

 

 

Descargue modelos Normativa


 


 

PASOS PARA SOLICITAR A INSCRICIÓN DO NOMEAMENTO DE LIQUIDADORES OU LIQUIDADORAS DA COOPERATIVA

 

Pódese solicitar ante o Rexistro de Cooperativas inscrición dos nomeamentos, ceses ou renovacións dos LIQUIDADORES OU LIQUIDADORAS, achegando:

  1. Solicitude de inscrición do nomeamento de liquidadores ou liquidadoras no Rexistro de Cooperativas.
  2. Certificación (liquidadores ou liquidadoras) da acta da Asemblea Xeral na que se adoptou o acordo de cese ou nomeamento, que será emitida polos liquidadores ou liquidadoras e coas sinaturas lexitimadas notarialmente ou autenticadas polo Rexistro de Cooperativas competente.
  3. Copia autorizada da escritura pública que conteña a certificación anterior, de ser o caso (é voluntario elevar a público o acordo, mediante o outorgamento da escritura pública ante notario; para iso débese achegar esta copia autorizada e a copia simple).
  4. Copia simple da escritura pública anterior, de ser o caso.
  5. Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.

 

 

 

 

Descargue modelos Normativa


 


 

PASOS PARA SOLICITAR A EXTINCIÓN E CANCELACIÓN DE ASENTOS REXISTRAIS DA COOPERATIVA

 

Para solicitar a extinción da cooperativa os liquidadores ou liquidadoras inscritas ou se é o caso o órgano de administración, deberá realizar o proceso de liquidación que a  Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia establece nos seus artigos 89, 90, 91, 92, 93 e 94. Unha vez rematados os labores de liquidación deberán someter a aprobación da Asemblea Xeral o balance  final e o proxecto de distribución de activo e publicar os acordos nun dos diarios de maior circulación da provincia do domicilio social da cooperativa e no Diario Oficial de Galicia. Dende a última data de publicación deberán transcorrer dous meses, sen impugnacións, para que se consideren aprobados definitivamente.

Rematado o proceso de liquidación e materializada esta, o órgano de liquidación ou, de ser o caso, o órgano de administración, deberá outorgar escritura pública de extinción da cooperativa coas manifestacións e achegando a documentación prevista no artigo 66 do Real Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o regulamento do rexistro de cooperativas de Galicia e solicitar a cancelación de asentos rexistrais ao Rexistro de Cooperativas competente, achegando:

 

  1. Solicitude de inscrición da extinción e cancelación de asentos no Rexistro de Cooperativas
  2. Copia autorizada da escritura pública que incluirá a documentación indicada.
  3. Copia simple da escritura pública anterior.
  4. Acreditacións das publicacións no diario de maior circulación e no Diario Oficial de Galicia.
  5. Unha relación dos libros e documentos da cooperativa, debidamente identificados, coas sinaturas dos liquidadores ou liquidadoras ou do órgano de administración, lexitimadas notarialmente ou autenticadas ante o Rexistro de Cooperativas.
  6. Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.

 

 

 

Descargue modelos Normativa