Legalización de Libros


PASOS PARA SOLICITAR A LEGALIZACIÓN DOS LIBROS DAS COOPERATIVAS

 

A representación legal da Cooperativa presentará nas dependencias do Rexistro de Cooperativas competente (aquel onde figuran inscritas) a legalización dos libros sociais e contables que legal e obrigatoriamente levarán as cooperativas,  achegando:

  1. Solicitude de presentación de libros para legalizar.
  2. Os libros encadernados fisicamente, que poden ser:
    1. Libros en branco (presentaranse antes da súa utilización) estarán encadernados ou formados por follas móbiles, cos seus folios completamente en branco e numerados correlativamente.
    2. Libros con asentamentos e anotacións contables (presentaranse nos catro meses seguintes á data de peche de exercicio social da cooperativa; de presentarse fóra de prazo, farase constar na dilixencia de legalización), estarán  formados por follas encadernadas correlativamente despois da realización de asentamentos e anotacións, cosidos ou pegados de modo que non sexa posible a substitución dos folios e deberán ter a súa primeira folla en branco e as demais numeradas correlativamente e pola orde cronolóxica que corresponda ás anotacións practicadas e cos espazos en branco convenientemente anulados.
  3. Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.


Descargue modelos Normativa