Modificación de estatutos sociais


PASOS PARA INSCRIBIR A MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS SOCIAIS

 

Solicitar ante o Rexistro de Cooperativas competente a cualificación previa dos estatutos sociais.

A representación legal da cooperativa outorgará a escritura pública de modificación de estatutos sociais ante notario, que incorporará a seguinte documentación:

 

  1. Certificación da acta da Asemblea Xeral na que se acordou a modificación de estatutos sociais da cooperativa.
  2. Certificado negativo de denominación da cooperativa ( modelo de solicitude de denominación que se enviará por correo á Sección Central do Rexistro de Cooperativas do "Ministerio de Empleo y Seguridad Social") no caso de que á modificación afecte o artigo dos estatutos sociais relativo á denominación da cooperativa.
  3. Estatutos sociais se a modificación afecta á totalidade dos estatutos sociais; se é parcial será a certificación da acta da asemblea xeral a que incorpore o texto completo dos artigos afectados pola modificación. Se o desexa, pode obter un modelo orientativo de estatutos sociais con anotacións e sen anotacións dende aquí.
  4. Certificado bancario de desembolso das achegas dos socios ao capital social da cooperativa que acredite que o capital social mínimo está totalmente desembolsado, no caso que a modificación afecte a un incremento do capital social mínimo establecido nos estatutos.

 

Despois solicitarase ante o Rexistro de Cooperativas competente a inscrición da modificación de estatutos sociais da cooperativa, achegando:

 

  1. Solicitude de inscrición da modificación de estatutos sociais.
  2. Copia autorizada da escritura pública que incluirá a documentación indicada.              
  3. Copia simple da escritura pública anterior.
  4. Acreditación da publicación do anuncio do acordo de modificación de estatutos cando afecte o cambio de denominación da cooperativa, cambio de domicilio social, modificación do obxecto social ou do capital social mínimo, nun dos diarios  de maior circulación da provincia do domicilio social da cooperativa.
  5. Xustificante de presentación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, de ser o caso.
  6. Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.

 

 

Descargue modelos Normativa


 


 

PASOS PARA INSCRIBIR O CAMBIO DO DOMICILIO SOCIAL NO MESMO TERMO MUNICIPAL

 

O domicilio social da cooperativa poderá ser acordado polo Consello Reitor cando sexa dentro do mesmo termo municipal e solicitarase ante o Rexistro de cooperativas  a súa inscrición, achegando:

 

  1. Solicitude de inscrición do cambio de domicilio social no mesmo termo municipal.
  2. Certificación da acta do Consello Reitor na que se acordou o cambio do domicilio social da cooperativa no mesmo termo municipal.  
  3. Acreditación da publicación do anuncio do acordo de cambio de domicilio social nun dos diarios de maior circulación da provincia do domicilio social da cooperativa.
  4. Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.

 

 

Descargue modelos Normativa