Outorgamento de poderes


PASOS PARA SOLICITAR A INSCRICIÓN DO OUTORGAMENTO DE PODERES DE CARACTER REPRESENTATIVO OU DE XESTIÓN/DIRECCIÓN, REFERIDAS AO XIRO E TRÁFICO ORDINARIO DA COOPERATIVA

 

O órgano de administración poderá conferir e revogar apoderamentos xerais ou singulares a calquera persoa física. Quen exerza a Secretaría, coa conformidade da Presidencia emitirá un certificado do acordo adoptado no que constarán as facultades conferidas (modelo A, modelo B e modelo C), a identificación das persoas apoderadas e as circunstancias do exercicio de representación e elevarán a público, outorgando a correspondente escritura pública ante notario necesaria para solicitar a inscrición no Rexistro de Cooperativas, no improrrogable prazo de 30 días seguintes á adopción do acordo.

Despois solicitarase ao Rexistro de Cooperativas competente a inscrición do acordo, achegando:

  1. Solicitude de inscrición do outorgamento de poderes no Rexistro de Cooperativas
  2. Copia autorizada da escritura pública que incluirá a documentación indicada.
  3. Copia simple da escritura pública anterior.
  4. Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.

 

 

 

Descargue modelos Normativa


 


 

PASOS PARA SOLICITAR A INSCRICIÓN DO NOMEAMENTO DE CONSELLEIRO OU CONSELLEIRA DELEGADA DA COOPERATIVA

 

O órgano de administración poderá nomear conselleiros ou conselleiras delegadas (persoas físicas de entre os seus membros, por maioría de dous terzos) sempre que os estatutos da cooperativa o recollan.

Quen exerza a Secretaría, coa conformidade da Presidencia emitirá un certificado do acordo adoptado no que constarán as circunstancias da súa adopción, o artigo dos estatutos que o contempla, a identidade das persoas nomeadas, a enumeración das facultades xerais referidas exclusivamente ao xiro e tráfico empresarial ordinario de cooperativa (modelo A, modelo B e modelo C), as circunstancias do seu exercicio e a aceptación do nomeamento e elevarán a público, outorgando a correspondente escritura pública ante notario, necesaria para solicitar a inscrición no Rexistro de Cooperativas,  no improrrogable prazo de 30 días seguintes á adopción do acordo.

Despois solicitarase ao Rexistro de cooperativas competente a inscrición do acordo, achegando:

  1. Solicitude de inscrición do nomeamento de conselleiro ou conselleira delegada no Rexistro de Cooperativas
  2. Copia autorizada da escritura pública que incluirá a documentación indicada.
  3. Copia simple da escritura pública anterior.
  4. Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.

 

 

 

Descargue modelos Normativa