Benvido a asesoría virtual de Sociedades Laborais!


 

A asesoría virtual recolle procedementos relacionados co Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais. Ten como obxectivo axudarlle na realización de trámites e facilitarlle o acceso a modelos orientativos e acceso á normativa.

Escolla no menú da dereita o procedemento do que precisa información ou axuda. Tamén pode atopar no mesmo menú enlaces a documentos de interese e os datos de contacto do Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais



¡AVISO DE INTERESE! : OBRIGA DE ADAPTACIÓN DE ESTATUTOS PARA AS SOCIEDADES LABORAIS ACTUALMENTE EN ACTIVIDADE (TODAS AQUELAS CUALIFICADAS E INSCRITAS NO REXISTRO ADMINISTRATIVO DE SOCIEDADES LABORAIS DE GALICIA ATA O ANO 2015, INCLUSIVE):

 

Lémbrase a todas as persoas interesadas que a Lei 44/2015, do 14 de outubro, de sociedades laborais e participadas (BOE nº 247, do 15 de outubro de 2015), que entrou en vigor no pasado mes de novembro de 2015, establece na súa disposición transitoria segunda, "Adaptación de estatutos", a obriga e nos termos que literalmente se reproducen:


"As sociedades laborais deberán adaptar os seus estatutos ás previsións da presente lei no prazo máximo de dous anos desde a súa entrada en vigor. Transcorrido o prazo, non se inscribirá no Rexistro Mercantil documento ningún da sociedade laboral até que non se inscribise a adaptación dos estatutos sociais. Exceptúanse da prohibición de inscrición o acordo de adaptación á presente lei, os títulos relativos ao cesamento ou dimisión de administradores, xerentes, directores xerais e liquidadores, e a revogación ou renuncia de poderes, así como á transformación da sociedade ou á súa disolución, nomeamento de liquidadores, liquidación e extinción da sociedade, e os asentos ordenados pola autoridade xudicial ou administrativa.
O contido da escritura pública e estatutos das sociedades laborais cualificadas e inscritas ao abeiro da normativa que agora se derroga non poderá ser aplicado en oposición ao disposto nesta lei.
"

 

Para dar cumprimento a esta obriga legal poderá acudirse ao procedemento de "Modificación de estatutos" incluído entre os desta Asesoría Virtual, presentando para a debida inscrición no rexistro administrativo de sociedades laborais, previamente á inscrición da correspondente modificación estatutaria no Rexistro Mercantil, a solicitude e demais documentación necesaria diante da Secretaría Xeral de Emprego.